A Marea de Noia demanda o estacionamento limitado no aparcadoiro de Xuíz Falcone

NOIA> Cinco meses despois da posta en funcionamento do aparcadoiro cuberto na rúa Xuíz Falcone, a Marea Cidadá de Noia denuncia a súa infrautilización. Co actual ritmo de ingresos, e sen ter en conta os gastos derivados dos suministros e mantemento, o concello tardaría en amortizar a inversión ó redor de setenta anos. Os representantes da Marea propoñen a apertura do párquin para o estacionamento limitado, ben de balde ou a través do pago das taxas de aparcamento correspondentes. A moción, presentada esta mañá no rexistro acompañada poe mil duascentas sinaturas recollidas entre os comerciantes e residentes na vila, será debatida no pleno do próximo luns.