As obras da fachada marítima da Pobra estarán rematadas antes de finais de ano

    POBRA > O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, informou da boa marcha dos traballos de mellora da fachada marítima que se están a desenvolver na localidade e que son realizados pola empresa Indeza cun presuposto superior ós 462 mil euros. O rexedor pobrés confía en que as obras, que van moi adiantadas, estean rematadas antes de fin de ano.

    O proxecto de mellora da fachada marítima da Pobra do Caramiñal contempla actuacións na explanada do porto e na intersección situada na estación de autobuses. Segundo o rexedor pobrés a mellora, que podería estar rematada antes de fin de ano, suporá a creación de 327 novas prazas de aparcamento para vehículos lixeiros e seis para autobuses.

    Isaac Maceiras aludiu tamén ó feito de que a actuación vai propicia-la conexión do paseo marítimo do Areal co porto comercial. As obras incluirán ademais o axardinamento e a instalación de alumeado, así como tamén mobiliario urbano.

     

    Redacción Barbanza