Os alumnos do Bayón cambian cigarros por caramelos

    clasessenfume_100_030609.jpgRIBEIRA> Os alumnos do colexio Bayón saíron á rúa para conmemorar o Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o pasado 31 de xuño.

    {flowplayer}barbanza/clasessenfume.flv{/flowplayer}

    Como cada ano, o colexio Bayón de Ribeira colabora co plan de Promoción da Vida sen Tabaco desenvolvido pola Xunta de Galicia. Durante todo o curso, os alumnos desenvolven diversas actividades nas aulas como a elaboración dun lema e diverso material didáctico sobre os riscos do tabaquismo e as vantaxes dunha vida sen fume.

    Campaña de concienciación

    Todo este traballo culmina nunha xornada na que os nenos saen á rúa para extender a súa campaña entre os veciños. Co obxectivo de conciencialos sobre as nefastas consecuencias dun hábito tan pouco saudable como o de fumar, os nenos intercambian cigarros por caramelos e chapas.

    Ademais realizaron enquisas entre os viandantes para coñecer o índice de fumadores e os seus hábitos aínda que sospeitan que non tódolos entrevistados foron sinceiros.

    Iniciativas similares á que este mércores acolleu a praza do concello de Ribeira, desenvolvense durante toda a semana en moitas cidades de Galicia, España e Europa, no marco dun programa global por unha vida sen fume.

    Redacción Barbanza