A fábrica de Clesa podería aumentar a súa plantilla no mes de novembro

    clesadeputacioncopy.jpgPONTEVEDRA> Isto foi o que se esgrimiu do encontro que esta mañá mantiveron o Presidente da Deputación e o xerente de Clesa, Pablo Gómez.

    {flowplayer}images/salnes/RecepcionClesa250912.flv{/flowplayer}

    Dous meses despois da posta en marcha da nova Clesa, o xerente da factoría, Pablo Gómez, reuniuse co Presidente da Deputación para falar das obras de mellora nos accesos e no entorno da planta en Caldas. Un paso máis cara o crecemento que están a levar a cabo dende esta factoría á que parece que as cousas, por fin, lle están a ir ben. Sentadas as bases, a xestión comeza a dar os seus froitos.

    Nestes momentos, Clesa atópase na distribución a nivel Galicia ó redor dun 60 por cento, e trata cada vez máis de introducirse no mercado nacional. E este crecemento leva consigo tamén un incremento da plantilla.

    Un crecemento que, mantendo o seu compromiso inicial, contaría con antigos traballadores da factoría.

    En palabras do propio Pablo Gómez, o balance despois deste primeiro trimestre na nova Clesa é moi positivo e agardan mellorar aínda máis os resultados.

    Redacción Salnés