Éxito de vendas e visitantes en Expoliquidación e Entrerebaixas

    expoliquidacion100__090407__still_001.jpgO GROVE > O bo tempo e a afluencia de visitantes ó Grove convertiu a feira de rebaixas de EMGROBES en todo un éxito.

    Anque aínda non hai datos oficiais, os comerciantes do Grove están moi satisfeitos con esta edición de Expoliquidación, a feira de rebaixas que lles serve ós comerciantes locais para desfacerse dos productos da pasada tempada e poder exhibi-los novos.

    Esta semana farán balance de visitas e vendas, pero aseguran que ambas cifras superan con creces ás de pasadas edicións, polo que consideran esta feira todo un éxito, o que levará a incrementala en futuras edicións. Nesta, montáronse na carpa do peirao meco 24 stands que ofertaban dende roupa e calzado ata productos de alimentación e artesanía que tamén tiveron moi boa acollida.

    Entrerebaixas

    Tamén os comerciantes de Sanxenxo celebraron durante estes días a súa feira Entrerebaixas. Neste caso foron 17 establecementos os que participaron na feira que foi inaugurada na mañá do xoves pola alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González. Xunto con ela estiveron os presidentes da asociación de comerciantes de Sanxenxo e da federación do Salnés que percorreron a carpa instalada na zona de Baltar, en Portonovo e que abriu durante estes catro días de 11 da mañá a 10 da noite.

    Ademais Entretendas, que investiu nesta feira 7 mil euros, organizou actuacións musicais e representacións teatrais que completaron a súa oferta.

    Redacción Salnés