Caldas prepara actividades do 28 ó 30 de decembro de fomento do comercio local

    CALDAS > Os días previos ó Nadal, o gasto familiar increméntase notablemente e comerciantes e empresarios amplían a oferta para facela máis atractiva para os consumidores. En Caldas, preparan tamén unha serie de actividades de cara a finais de ano co fin de facer unha aposta decidida polo comercio local e que os veciños non acudan a mercar a outros concellos da comarca.

     

    O Centro de Iniciativas Turísticas, a Asociación de Mulleres e mailo Centro Comercial Caldas Zona Aberta uníronse nesta campaña de Nadal para ofrecer un programa de actividades atractivo e novidoso, co fin de evitar que os veciños acudan a áreas comerciais e outras zonas da comarca a mercar. Os días 28, 29 e 30 Caldas acollerá varias actividades deportivas e lúdicas.

    Como novidades, as mulleres poderán realizar as súas compras con tranquilidade mentres os cativos disfrutan das actividades. Por outra banda, La Caixa colocará dende o día 26 unha carpa- planetario nas inmediacións do colexio que poderá visitarse ata o día de Reis. Por outra banda, tódolos días ás 7  proxectaránse no cine Avenida as últimas estreas de películas infantís. O sector de hostaleiros tamén está implicado na campaña, con actividades como maquillaxes ou deporte. 

    A Asociación de Comerciantes ten en marcha tamén o sorteo de 5000 euros para un comprador que teña o vale agraciado. Ademáis, o Centro de Iniciativas Turísticas sortea dez paquetes turísticos pola zona para que todo o mundo poida disfrutar da súa hostalería, do comercio, das paisaxes e das súas xentes. 

     

    Redacción Salnés