Burros contra o stress

    BARRO > O stress é un dos males maiores que sofre hoxe en día a nosa sociedade. Para combater este e outros problemas de índole psicolóxico e emotivo, principalmente, naceu ANDREA: unha curiosa asociación pioneira en España que ten nos burros ós seus máximos aliados.

    asociacionburros2_200_060406.jpgSe alguén lles di que os burros lles poden axudar a curar o stress pódelles resultar estraño. Pois nada máis lonxe da realidade e ANDREA é proba diso. A Asociación Nacional para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Raza Asnal ten a súa sede en Barro e alí coidan a burros que logo participan en terapias individuais e de grupo.

    Nestes momentos ANDREA conta con varios rapaces de entre 7 e 14 anos que acoden ás terapias nas que, a través do animal e coa axuda de terapeutas especializados, dan solución a hiperactividade, depresión ou fracaso escolar.

    A asociación, que naceu oficialmente en agosto do ano pasado, contaba nos seus comezos asociacionburros1_300_060406.jpgcon cinco burros. Agora son preto de 20 os que conviven tras seren recollidos algúns que estaban abandoados. Dende a asociación lamentan non poder ter máis, sobre todo por falta de espazo e de axudas para a manutención por iso teñen un programa de adopción de animais.

    A excelente acollida que está a ter a actividade desenvolvida por esta asociación pioneira en España está a contribuír especialmente á sensibilización da xente cun animal que forma parte da historia de Galicia.

    Redacción Salnés