Vilanova homenaxea ós irmáns Camba

    VILANOVA > O 16 de Decembro cumpríronse 121 anos do nacemento de Julio Camba e Vilanova honrou novamente a un dos seus escritores máis ilustres. De cara ó 2006, está prevista a colocación dun busto do escritor nunha zona aínda por determinar.

    A novidade deste ano, ademáis da tradicional ofrenda floral, foi a presentación de 7 libros do autor publicados en Sudamérica e que forman parte xa do patrimonio da Casa- museo dos irmáns Camba.

    A casa natal do escritor no barrio de Vilamaior acollía un ano máis a ofrenda floral co que os veciños rinden tributo a un dos seus fillos ilustres. Ademáis, os asistentes pudieron coñecer a nova partida de libros que acaban de ser adquiridos e que pasan a engrosar a colección de títulos de Julio Camba na súa casa- museo.  Son 7 libros, primeiras edicións de obras moi significativas do vilanovés pero publicadas en Argentina, o primeiro lugar de destino do escritor cando decidiu fuxir con tan só 13 anos. Foron escritos entre 1916 e 1933 pero non foron publicados en Sudamérica ata principios da década dos 40.

    O concelleiro de cultura vilanovés, encargado de presentar o acto, avogou pola defensa do patrimonio literario en detrimento de formas de comunicación máis modernas.

     


     

     

    Estes mesmos títulos presentados, na súa primeira edición española, xa existen nos fondos da Casa- museo Irmáns Camba. Trátase de 7 pequenos tesouros literarios cos que se enriquece o patrimonio público e se mantén viva a memoria do xornalista e escritor vilanovés. A piques de rematar o ano, o concelleiro de cultura fixo tamén referencia ó compromiso adquirido hai un ano e que non puido levar a cabo, aínda que dixo que no 2006 cumplirá o prometido.

    Redacción Salnés