O Sergas realizará un novo cribado en Cambados aos traballadores do mar tralas probas realizadas aos mozos de 30 a 39 anos

CAMBADOS> O Sergas finaliza o terceiro cribado do concello de Cambados. Entre o día de hoxe e o de onte estaban citados 1200 mozos de entre 30 e 39 anos para facer as probas. O xoves terá lugar outro para o sector do mar.

O concello de Cambados continúa nunha situación límite. A elevada cifra de casos positivos leva ao Sergas a realizar continuos cribados na vila. No comezo de esta semana tivo lugar o terceiro, a poboación citada é a da franxa de idade de 30 e 39 anos.

A vila conta na actualidade con 93 casos activos, baixando un con respecto ao día anterior. A preocupación é máxima no goberno local.

Os asistentes ao cribado destacaron a importancia de asistir a estas probas debido a difícil situación que atravesa a vila.

E é que o obxectivo destes cribados é detectar os casos asintomáticos.

Os cribados continuarán no concello de Cambados, o vindeiro xoves o Sergas fará as probas aos traballadores do sector do mar.

Dende o concello lembran aos cidadáns que a pandemia aínda no rematou, e pídenlles que cumpran as normas e eviten calquera situación de risco para saír desta situación canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí