RIANXO > O Servizo Municipal de Deportes do concello de Rianxo celebrou o sábado a quinta edición do Día do Deporte. O acto desenvolveuse a partir das nove e media da noite no Pazo de Rianxiño e foi unha sinxela homenaxe para recoñece-la labor e os éxitos acadados ó longo deste ano polos clubs e deportistas rianxeiros.
O Pazo de Rianxiño foi o escenario elixidoe este ano para desenvolve-lo Día do Deporte en Rianxo, un acto de recoñecemento ó traballo dos deportistas e clubs locais a prol do desenvolvemento social do concello.
No acto participaron o concelleiro de Deportes, Educación, Cultura e Xuventude, Xosé Figueiro Carou, e a Delegada de Deportes, Beatriz Figueira Ordóñez.
Foi precisamente o concelleiro de Deportes rianxeiro o encargado de abri-lo turno de intervencións, destacando a labor desenvolvida polos clubs da localidade ó longo do ano.
Posteriormente entregouse un detalle de recoñecemento a tódolos clubs do concello, realizando tamén homenaxes específicas ós deportistas que máis destacaron durante o ano pasado.
Un a un os presidentes das entidades deportivas de Rianxo foron recollendo a placa conmemorativa: o presidente do Club Deportivo Taragoña, o presidente do Club Deportivo Unión, o presidente do Club Náutico, o do Club de Piragüismo, o do Club de Remo e o do Club de Voleibol.
Durante o acto tamén se premiou a varios deportistas do Club de Piragüismo Rianxo: Miguel Rodríguez Galbán, Luís Figueira Galbán, Xulián Mondragón Galbán, Marcos Sobradelo Prol, Sergio Figueira Rodríguez e Xosé Manuel Vicente Rial.
Tamén se homenaxeou a varios xogadores do Club de Voleibol pola súa convocatoria coa seleccións galega e nacional: Alejandro González Becerra, da categoría cadete, Héctor Matilla Mosquera e Brais Tubío Pereira en infantís.
Fíxoselles ademais unha mención especial a varios deportistas que militan en clubs de fóra de rianxo como é o caso de Eloi Figueira Martínez, do Amegrove de remo, Benito Ordóñez Iglesias, cadete do Atlético de Madrid de fútbol e o piraguísta, Luís Tubío Barreiro.
No acto tamén se recoñeceu o papel das empresas patrocinadoras como é o caso de Arqo Arquitectura, Aspromeri, a Comunidade de Montes de Asados ou distribunosa.
O premio do deporte, a unha persoa que destacou polo seu traballo na promoción destas actividades no concello, recaeu en Xosé manuel Cortizo, presidente do Grupo Cortizo, pola súa especial contribución ó desenvolvemento do deporte en Rianxo.
Redacción Barbanza