O alcalde sonense recibe ó regatista local Iago López

PORTODOSON> O sonense podería converterse no primeiro deportista da comarca en disputar uns Xogos Olímpicos na clase 49er. Recén chegado dos Mundiais de Vela celebrados na localidade de Clearwater, en Florida, Estados Unidos, onde participou xunto co seu compañeiro, Diego Botín, na modalidade 49 er, na quedou ás portas de obter a súa clasificación para as Olimpíadas de Río, Iago López, foi recibido no concello polo alcalde, Luís Oujo, e o edil de Deportes, Manuel Deán. O motivo non era outro que felicitalo polos bos resultados acadados no que vai de tempada e para desexarlle sorte en compromisos vindeiros. O deportista sonense, que agradeceu o xesto do concello, está a espera de coñecer a decisión da Federación Española de Vela despois dos resultados nos pasados Mundiais, para saber se obtén finalmente praza para os próximos Xogos Olímpicos de Río, converténdose así no primeiro barbanzán en participar nunhas Olimpíadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí