A ría de Arousa acolle esta fin de semana o XLVII Trofeo San Roque de vela

VILAGARCÍA> Esta fin de semana a vela volve a Vilagarcía. A vila acollerá unha regata que xa cumpre 47 anos, o Trofeo San Roque, que dende hai tres se acompaña tamén do Gran Premio Ramiro Carregal de clase Snipe. A proba está organizada polo Real Club de Vela de Vilagarcía, que prevé que participen ao redor de 30 embarcacións da categoría.

 

A ría de Arousa é o escenario dunha das regatas máis lonxevas da costa española. Esta fin de semana celébrase a cuadraxésimo sétima edición do Trofeo San Roque, e a terceira do Gran Premio Ramiro Carregal de clase Snipe.

O Trofeo San Roque forma parte tamén do calendario do Campionato Galego de Vela, e está previsto que participen ao redor de 30 embarcacións.

Ademais dos socios do club, a proba conta co apoio do concello de Vilagarcía. O edil de deportes destacou a importancia da vela para a vila.

A competición celebrarase entre o sábado e o domingo, saíndo dende o porto de Vilagarcía. A primeira xornada arrancará ás 2 e media da tarde, mentres que as probas do domingo comezarán ás 11 da mañá.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/trofeo_san_roque_vela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/trofeo_san_roque_vela.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí