A campaña de recollida do kiwi arrancará con boas previsións

    previsionskiwientrada261006.jpgO SALNÉS > Despois dun ano marcado pola climatoloxía, as previsións dos técnicos non son malas: previse que a campaña do kiwi sexa moi boa en cantidade e calidade.

    Galicia é a principal productora de Kiwi en España. Cada ano produce arredor de 7.500 toneladas  nas cincocentas hectáreas que están destinadas a este cultivo, mais da metade están na provincia de Pontevedra. A vindeira semana comezara a campaña de recollida nas plantacións que están nun estado sanitario perfecto.

    As previsións son moi parecidas as do ano pasado tanto en cantidade como en calidade. Este ultimo factor mídese principalmente polo calibre. Actualmente o mercado demanda un peso entre 90 a 100 gramos por froito.

               

    Agora só queda esperar que  o kiwi alcance o seu grao óptimo de maduración para recóllelo:  aínda que con moito coidado.

    Redacción Salnés