ILLA DE AROUSA > Os máis cativos da Illa de Arousa despedíanse da gardería por este ano cun gran festival. Anxos en miniatura, paxes e reis dedicaban os pais, familiares e amigos unha panxoliña moi propia destas datas. Os rapaces estaban máis formais que nunca xa que están xa moi preto de nos os máxicos Reis Magos.
Así de formais estaban hoxe os pequenos da Illa de Arousa. Non era para menos a gardería municipal despedíase das clases por este ano felicitando o Nadal a Pais e amigos cunha fermosa panxoliña. Os máis pequenos transformáronse en anxos baixados do ceo, os medianos en paxes e os máis grandes en reis.E despois de cantar había que felicitar as festas a todos os asistentes.
Seguramente continuaran sendo así de bos aínda que eso si cada un no seu fogar, alí esperarán os agasallos que os Reis Magos traerán dende Oriente. Ata o vindeiro ano pequenos querubíns.
Redacción Salnés