Nace ‘Xuntos Saborea Galicia’, un colectivo que busca promocionar a calidade da gastronomía galega

VILAGARCÍA> Nace ‘Xuntos Saborea Galicia’. Trátase dun colectivo compospo por cinco empresas que busca promociona-la calidade da gastronomía galega e dos seus produtos. Esta mañá, o proxecto foi presentado no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía. O seu primeiro reto terá lugar no mes de outubro, co seu desembarco na feira de Donosti.

‘Xuntos Saborea Galicia’ é o resultado da únión de cinco empresas cun obxectivo común: promociona-la calidade da gastronomía galega. A entidade está composto por Pazo de Rubiáns, Os Peperetes, Airas Moniz, Discarlux Galicia e Pazo de La Cuesta. Os cinco unen as súas forzas.

O colectivo traballo xa no seu primeiro gran evento: a feira gastronómica de Donosti, que vai ter lugar no mes de novembro.

Esta mañá tivo lugar a súa posta de longo no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía. As cinco entidades que integran o proxecto buscan impulsar unha fórmula de traballo colaborativa, na procura de máis mercados e dunha maior proxección do patrimonio gastronómico galego.

A Directora de Turismo de Galicia asistiu esta mañá á presentación da iniciativa. Nava Castro puxo en valor a gastronomía galega, como un dos grandes atractivos para aqueles que nos visitan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí