VILAGARCÍA >O Azheimer é unha demencia dexenerativa irreversible de causa orgánica descoñecida cada vez máis común nos nosos anciáns. Deste xeito as familias enfróntanse a unha enfermidade que se divide en fases que precisan diferentes coidados. Para coñecer a asistencia que necesitan estes enfermos a Concellería da Muller de Vilagarcía organiza un curso formativo sobre o Alzheimer no Auditorio Municipal.
En 1907 Alois Azheimer describe un cadro clínico dunha enfermidade descoñecida nun pácente de 51 anos. Os síntomas atopados era un deterioro cognitivo acusado, delirios, alucinacións e síntomas focais. Este tipo de demencia representa hoxe en día o 50 ou 65 por cento de todas as demencias nos países occidentais que afecta ó tres por cento dos maiores de 60 anos e o 39 por cento dos maiores de 90 anos. O alzheimer evoluciona por fases ainda que cada enfermo é totalmente distinto. A primeira fase denominase como leve, a segunda como moderada e a terceira como terminal. Os coidadores destes pacientes vense en moitas ocasións impotentes o non coñecer cales son os coidados que precisan estes enfermos. Unha problemática cada vez máis frecuente nos países occidentais.
A fase terceira é a máis difícil para os coidadores. Nesta etapa os enfermos teñen dificultade para respirar, incapacidade para comer, incontinencia urinaria, levan unha vida en cama, teñen problemas derivados da inmobilización, alteración do sono e déficits na comunicación. Esta semana os asistentes o curso que se desenvolve no Auditorio de Vilagarcía coñecen en profundidade cales son os coidados que deben seguir cos enfermos nestas últimas fases ademais de coñecer en profundidade o Alzheimer. Unha formación que mellorará a calidade dos enfermos.
Redacción Salnés