Sanxenxo promete en Fitur paisaxes, patrimonio e experiencias os 365 días do ano

MADRID> Sanxenxo repite presenza en Fitur co seu propio mostrador. Para a vila é unha gran oportunidade para continuar promovendo a campaña ‘Sanxenxo 365 días’. No mostrador de Sanxenxo poden consultarse os tres novos trípticos promocionais: paisaxes, patrimonio e experiencias, e participar nun sorteo de 2 noites de hotel subindo unha foto ás redes sociais.

O concello turístico por excelencia de Galicia non podía faltar en Fitur. Sanxenxo repite este ano no stand galego co seu propio mostrador con material promocional e merchandising. Ademais na entrada ao pavillón onde se atopa o stand, o concello tamén instalou dous prismas promocionais.

A estratexia do concello en Fitur é clara, promocionar a campaña Sanxenxo 365 días ao ano.

No mostrador, Sanxenxo renovou o seu material promocional con tres novos trípticos.

A promoción complétase con dous prismas na entrada do pavillón onde se atopa o stand de galicia e cun sorteo en redes sociais por subir unha foto cos primas ou no mostrador de Sanxenxo.

O concello estará presente en numerosas das presentación promocionais que terá lugar en fitur, ademais de manter encontros con diferentes touroperadores e axencias de viaxes tanto da vila como nacionais e internacionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí