CAMBADOS> Unha veciña de Sisán, en Ribadumia, leva máis de 6 anos agardando por un transplante de ril que lle cambie a vida.
{flowplayer}images/salnes/ana_castro.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> Unha veciña de Sisán, en Ribadumia, leva máis de 6 anos agardando por un transplante de ril que lle cambie a vida.
Ana María Castro non imaxinaba aos dezaoito anos que lle diagnosticaran unha insuficiencia renal crónica terminal, pero desgraciadamente, así foi. Hoxe, logo de máis de seis anos agardando por un transplante de ril que non chega, quere contar o seu caso para concienciar á poboación da importancia de facerse doante.
Ana María pasa máis de nove horas ao día conectada a unha máquina de diálise. Produto da súa insuficiencia, padece migrañas, hipertensión arterial, anemia e sufriu unha infección e dúas operacións de tiroides. Ana María atópase en lista de espera no Hospital Juan Canalejo da Coruña.
Con 24 anos, o día a día de Ana María impídelle levar unha vida laboral normal. Afortunadamente, traballa nun negocio familiar con xornada de tarde. A intención desta rapaza é pedirlle á xente que se faga doante, que se mentalice de que os órganos dun falecido, poden dar vida e esperanza a varios enfermos.
Redacción Salnés