Hermanas

hermanas_1.jpg

As fins de semana TVSB emite Hermanas, unha serie que pon un toque de humor nas súas tardes. Unha comedia entrañable, colorista e sobre todo divertida, ambientada nun convento. Cun reparto moi feminino, pero en grao sumo destacado da interpretación española, a serie conta as peripecias e desventuras de nove monxas que entre  rezo e rezo a San Damián, patrón do seu convento, buscarán o modo para que unha sociedade capitalista non as expropie destas terras sagradas, e en definitiva do seu fogar.

Así é ‘Hermanas’molinamonja.jpg

Esta serie divertida, orixinal e sobre todo entrañable, conta as vivencias dun grupo de monxas e os nenos que teñen internos, e como ven eles a vida e se relacionan coa sociedade.

Ademais dos problemas persoais de cada unha das irmás, todas elas moi distintas entre si, teranse que enfrontar a outra dificultade quizais máis grave. Algo que pode acabar con todas elas na rúa, a especulación inmobiliaria. O convento está situado nun terreo moi valioso e a máis dun non lle importaría sacar rendabilidade a estas terras sagradas. Por iso entre rezo e rezo a San Damián as monxas a cargo da casa de Deus e maila pantasma da fundadora do convento, falecida fai 150 anos, deberán buscar a mellor forma de sacar todo isto adiante.

Unha serie social á vez que humana, con grandes pinceladas de humor, que sen dúbida axudará a pasar, da forma máis entretida, a aqueles que confíen as súas tardes da fin de semana a Hermanas.