Os tripulantes do Alakrana sufriron humillacións constantes

alakrana_copia100.jpgVIGO> No aeroporto de Vigo foron recibidos, entre aplausos, polos seus familiares e o presidente da Xunta de Galicia.

{flowplayer}images/salnes/ALAKRANA.flv{/flowplayer}

Os tripulantes do Akarana descenderon da aeronave e entraron na terminal de Peinador con lágrimas nos ollos e moita emoción. Os familiares os acolleron entre aplausos e abrazos. Alí foron recibidos tamén polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

O patrón do atuneiro, Ricardo Blach, comentou en rolda de prensa, que durante o secuestro sufriron toda clase de humillacións. Blach describiu a liberación como momentos de nervios, temor e desconfianza, xa que preto deles, atopábanse máis barcos secuestrados.

Os mariñeiros deron as grazas ós medios de comunicación, o Goberno central, así como ó autonómico galego e vasco polos esforzos realizados para a súa posta en liberdade. Así mesmo pediron intimidade e tranquilidade para estar coas súas familias e descansar despois desta terrible experiencia.

Mentres, está previsto que o Alakrana volva a fanear, tan pronto como a armadora remate de pertrechar o barco, no arquipélago de Chagos, territorio británico do océano Índico.

Redacción Salnés