RIBEIRA > O concello de Ribeira ten previsto iniciar o expediente de contratación das obras de “Recuperación do núcleo histórico e mariñeiro de Corrubedo. Os traballos contan cun orzamento inicial de douscentos dezanove mil euros e un prazo de execución de catro meses.
A Xunta de Goberno Local do concello de Ribeira vén de acordar o inicio do expediente de contratación das obras contempladas no proxecto técnico de “Recuperación do núcleo histórico-mariñeiro da parroquia de Corrubedo”. A realización dos traballos sairá a concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.
As obras, presupostadas en preto de douscentos dezanove mil euros, afectarán a un total de seis rúas da parroquia: Rúa da Eirexa, Travesía da Eiresa, Rúa Real e as rúas número seis, número dous e número un.
Os traballos consistirán na demolición dos pavimentos de formigón en masa e a escavación en caixa para a posterior aplicación do de lousas de granito.
Con estas actuacións, o concello vén ratificar o seu compromiso coa conservación do patrimonio histórico das parroquias e a súa aposta pola humanización dos distintos núcleos. Neste sentido, é preciso destacar que Ribeira é un concello declarado municipio de Interese Turístico polo que é preciso preservar os núcleos que posúen un importante atractivo turístico para os visitantes como é o caso de Corrubedo.
Redacción Barbanza