Unha actuación para poñer en valor definitivamente o Castelo da Lúa

    RIANXO> Satisfacción no executivo rianxeiro pola consecución dos fondos europeos Leader, que xestiona Deloa, para a realización dunha nova intervención arqueolóxica neste emblemático espazo. Uns douscentos mil euros. Esa será a cantidade destinada a este proxecto de intervención arqueolóxica que se desenvolverá en dúas anualidades e que prevé a posta en valor do Castelo da Lúa. A actuación irá con cargo case integramente ós fondos europeos que xestiona a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa. A primeira fase do proxecto desenvolverase xa este ano. Cabe lembrar que última actuación importante realizada neste espazo data xa do 2007.