LOUSAME> O Lesende Club de Fútbol e tamén outros equipos do municipio que empregan a diario o campo municipal de Cabanetán levan máis de tres anos advertíndolle ó Concello da necesidade de levar a cabo unha mellora do céspede artificial.
O seu uso habitual e a falla de mantemento, a última actuación nel remóntase xa a hai máis de trece anos, está a provocar que o terreo de xogo se atope nun pésimo estado.
Pero o que realmente preocupa tanto a directivos como a xogadores é que o defectuoso estado do terreo de xogo está a provocar numerosas lesións, moitas delas de gravidade, polo que instan ó Concello a realizar unha actuación con urxencia nas instalacións.
O elevado custe da actuación parece estar detrás desta tardanza. Pero non só iso. Dende o Lesende C.F. sinalan que o Concello parece ter outras preferencias…
Para o Lesende como tamén para o resto de equipos que empregan estas instalacións a actuación debera ser unha prioridade, polo que seguirán coa súa loita ata conseguir a instalación doutro céspede artificial.