POBRA > Veciños da zona do Conchido, na parroquia pobresa de San Isidoro de Postmarcos, denunciaron hoxe a situación medioambiental que están a padecer a consecuencia da rotura dunha tubería da estación de bombeo existente na zona. A pesar de poñe-lo problema en coñecemento da Alcaldía aínda non se lles deu unha solución satisfactoria indo a para-los vertidos directamente ó mar.
Segundo os propios veciños do Conchido a situación remóntase hai aproximadamente a uns tres anos. Dende aquela levan padecendo case de xeito continuo estes vertidos.
As augas, tanto fecais como pluviais, van parar directamente ó mar, co que ademais dos cheiros existentes na zona se está a producir un gran problema medioambiental.
Os veciños xa presentaron en máis dunha ocasión escritos no concello denunciando o problema sen que ata o de agora se dera unha solución satisfactoria.
Do problema fíxose eco tamén o Partido Socialista da localidade que reclama coa maior urxencia posible unha solución ó problema que está a afectar a uns 40 veciños da zona.
Redacción Barbanza