POBRA > O executivo local que preside Isaac Maceiras ten previsto iniciar en breve a mellora da rúa Castelo, continuación da Rafael Calleja, dende a igrexa do Castelo ata a Covecha. O concello xa busca financiamento para esta actuación, que podería ronda-los 120 mil euros.
O alcalde Isaac Maceiras ten previsto acometer nos primeiros meses do novo ano o acondicionamento da rúa Castelo, dende a zona da igrexa ata a Covecha.
A súa intención é continuar coa mellora realizada no entorno dos pazos, dotando á zona dun pavimento de pedra e instalando novo alumeado e mobiliario urbano para darlle unha maior beleza e funcionalidade á rúa. A obra servirá tamén para mellorar tamén as redes de auga e saneamento alí existentes.
Co fin de buscar financiamento para acometer esta actuación o rexedor pobrés xa mantivo contactos con varias consellerías, entre elas a de Vivenda que dirixe Tareixa Táboas, que ve con bos ollos a realización desta obra.
Redacción Barbanza