O CEIP de Artes conclúe o seu simulacro de incendio con éxito

    RIBEIRA> Axentes da policía local, bombeiros e protección civil desprazáronse ata o centro educativo para poñer a proba a capacidade de reacción dos máis pequenos.

    Eran pouco máis das 11 da mañá cando, para sorpresa do alumnado, soaron as sirenas do centro educativo de Artes. Sen tempo que perder, filas de nenos e nenas abandonaron as súas tarefas e saíron ó patio acompañados por cadanseu profesor. Os rapaces realizaron un simulacro realmente rápido, pero un deles simulaba quedaba no interior. Os 44 alumnos e alumnas de Artes demostraron completa serenidade mentres durou a actuación. Unha vez evacuado o edificio, os bombeiros procederon a simulación de extinción do incendio, con gran expectación entre o alumnado de Artes, e ventilaron tamén o fume artificial que saía dunha das aulas do colexio. Ó finalizar os pequenos puideron coñecer de primeira man o traballo e as ferramentas de policías e bombeiros.