Os praceiros de Ribeira denuncian a acumulación de multas irregulares por parar en carga e descarga

RIBEIRA> Os praceiros de Ribeira denuncian o exceso de multas que están a recibir por parar en carga e descarga. Solicitan ó concello que habilite unha zona específica para os trabadores do mercado municipal que non dispoñen dunha área acoutada para recoller ou descargar mercadoría.

Ata 11 multas recibían as traballadoras dun dos postos da praza de abastos de Ribeira. As infraccións foron cometidas dende o pasado mes de xuño pero non se notificaron ata outubro, todas xuntas, implicando o desembolso de máis de mil euros para facer fronte ás sancións.

Non son as únicas afectadas senón que outros moitos compañeiros están a recibir multas por parar na zona de carga e descarga, excedendo presuntamente os 30 minutos establecidos. Sosteñen que non é así posto que moven o coche cada pouco para recoller máis mercadoría.

Os afectados xa se dirixiron ó concello para expresar o seu malestar pola acumulación das multas. Piden ademais que se habilite un espazo exclusivo de carga e descarga para os praceiros co fin de poder traballar en condicións e evitar os constantes atrancos cos que se atopan na actualidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí