SANXENXO > Os comercios que forman parte de Entretendas no concello de Sanxenxo están cada vez máis formados e preparados. A razón son os continuos cursos que permiten adquirir coñecementos para adaptarse os novos tempos. Os comerciantes asisten deste xeito a cursos de Excel, inglés, escaparatismo ou atención o cliente.
O último estudo sobre o comercio de Sanxenxo revela que os comercios asociados a Entretendas se están movendo. Nos últimos tres anos as diferentes tendas evolucionaron, non só nas novas tecnoloxías instaladas senón tamén na decoración, na formación do escaparate e na atención dos clientes. Parte deste cambio débese os continuos cursos formativos que Entretendas organiza para os seus socios. Nestes intres estánse desenvolvendo un curso sobre Excel e outro sobre Inglés adaptado ó comercio.
Nos vindeiros días comezará o curso sobre escaparatismo, moi demandado polos socios. Trátase de adquirir coñecementos teóricos e prácticos para integrar os elementos e as técnicas de deseño do escaparate. A finais de xaneiro comezará o de Atención ó Cliente co obxectivo de mellorar a calidade do servicio. En febreiro desenvolverase un curso de Photoshop para crear deseños e retocar fotografías dixitalizadas. O horario é de oito a once e os alumnos deben pertencer o sector do comercio.
Redacción Salnés