Polémica entre os veciños ante a tala das árbores próximas á Compostela

    tala_arborescopy.jpgVILAGARCÍA> Segundo informaron desde o goberno local, as árbores estaban moi deteriorados e eran irrecuperables.

    {flowplayer}images/salnes/TALA_ARBOLES_PARQUE_COMPOSTELA.flv{/flowplayer}

    Opinións na rúa para tódolos gustos trala tala das árbores situadas no frontal do parque de A Compostela, na rúa Rosalía de Castro, en Vilagarcía. Así o constatamos na zona un día despois de que os operarios do concello procedesen á execución dos traballos, e que hoxe aínda se podían ver pola zona.

    Desde o goberno local informaron que foi unha decisión tomada despois de coñecelo informe emitido polo Servizo de Parques e Xardíns no que alertaban que os árbores se atopaban moi deterioradas e que poderían supoñer un perigo. Pola súa banda, algúns veciños dubidan de que o motivo polo que se talaron as árbores fose o mal estado no que se atopaban e que eran irrecuperables.

    O que si é certo é que esta circunstancia trae consigo un aumento das prazas de aparcamento, moi necesarias na zona. Cuestión que moitos veciños ven con bos ollos, aínda que outros consideran que se podían buscar outras solucións.

    Ante esta situación, desde o BNG sinalaron non entender a premura do concello na execución da tala, sen coñecemento do informe técnico por parte da oposición nin da cidadanía. Por iso, solicitaron unha xunta de portavoces e a elaboración dun Plan de protección do patrimonio medioambiental.

    Redacción Salnés