Vázquez: ‘ENCE non se irá de Galicia e estará reubicada nuns 5 anos’

    PONTEVEDRA > ENCE non se irá de Galicia. Ou iso é alomenos o que asegura o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Durante a súa visita ó concello de Padrón con motivo das inundacións que padeceu o municipio estes días e a preguntas feitas polos xornalistas sobre o futuro da fábrica, Vázquez foi rotundo e atreveuse a garantir non só que non se irá de Galicia senón que estará reubicada e a pleno rendemento no prazo duns cinco anos.

    manuelvazquez_300_111006.jpgPara o Conselleiro de Medio Ambiente as ameazas de ENCE de irse a Navia non obedecen a outro motivo que a unha táctica da empresa para ver ata onde dan de si as negociacións coa Xunta sobre a súa reubicación.

    O conselleiro entende que unha marcha da papeleira de Galicia non beneficia en absoluto á empresa e está convencido de que lonxe de marchar se afincará na comunidade pechando o ciclo productivo do papel. Iso sí, por coherencia, nun lugar que non sexa a Ría pontevedresa.

    ‘Ence non se vai marchar, podo asegurar que o interese da empresa é pechar os catro ciclos en Galicia’, asegurou Vázquez, ‘as ameazas da papeleira obedecen tan só a unha táctica empresarial’. A falta de inversión de ENCE na fábrica de Pontevedra obedece, segundo o conselleiro, a pura lóxica. A sabendas de que a súa ubicación deberá ser fóra da Ría é normal que reserve e inversión para o novo lugar. Un sitio que, segundo os cálculos da Xunta, non tardaría en estar listo en máis de catro ou cinco anos.

    Redación Salnés