A Xuntanza da Ruta da Pedra e a Auga dará protagonismo ós muíños

    xutanzapedraauga copia100.jpgMEIS> O programa para o domingo 28 complétase co xantar central, con variedade de concertos no entorno e con actividades para os máis pequenos.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_RUTA_AUGA_2011.flv{/flowplayer}

    Como novidade, a organización prepara diferentes actividades temáticas en cada un dos cinco muíños que forman parte da ruta. A realización dunha queimada, contacontos, recitais de poesía, actuacións con percusión e un concerto de tango sumaranse ó programa deste ano, completando outras actividades como as actuacións do Grupo Ardentía e do Dúo D’Perlas, e os xogos para os máis cativos.

    O xantar seguirá sendo un dos actos centrais. O ano pasado máis de mil persoas asistiron a esta comida; unha cifra que a organización agarda, cando menos, repetir. As expectativas sobre a participación nas actividades son moito maiores.

    As actividades na ruta comezarán a partires da 1 do mediodía, mentres que o xantar non será ata as 2 e media. Para participar da comida será necesario ter adquiridos os tickets, á venda nos concellos. Ademais, este ano hai dúas tarifas diferentes: 20 euros para os adultos e 15 para os menores de 10 anos.

    Redacción Salnés