O Consello Regulador do Mexillón chama a unión do sector

    VILAGARCÍA > O Consello Regulador do Mexillón reunirase con todos os representantes do sector  para acadar solucións que permitan elaborar liñas de actuacións cara a crises deste molusco. Dende fai tres meses a situación da marea vermella fai case imposible a venda do mexillón polo que é o momento de unirse e buscar solucións.

    Ramón Díos criticou moi duramente as manifestacións de algúns bateeiros diante do Instituto Tecnolóxico do mar polos duros controis de calidade os que son sometidos. Para o presidente do Consello Regulador do Mexillón estes controis son necesarios para mellorar a calidade do producto.

     

    A única solución para saír desta crises é polo tanto a unión do sector. Mañá os representantes das diferentes agrupacións do mexillón reuniranse para buscar liñas de actuación non só durante a crises tamén cara a apertura dos polígonos e a venda futura do producto.

    Redacción Salnés