Aproban en pleno extraordinario os orzamentos do 2011

    pleno_caldascopy.jpgCALDAS> Unhas contas que se aprobaron grazas ó voto a favor do BNG, aínda que, confesaron que en xeral non os comparten.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_ORZAMENTOS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A pesares deste apoio, os nacionalistas confesaron na sesión, que se prolongou durante dúas horas e media, que non eran as súas contas e que en xeral non as compartían. Valoración que reverteu en duras críticas tanto por parte do voceiro dos populares coma do concelleiro independente.

    As críticas dos populares non só se centraron neste aspecto senón que fixeron unha valoración de tódolos puntos dos orzamentos ó que lles levou a votar en contra.

    Críticas que tamén recibiu por parte do concelleiro do partido independente de Caldas. Desde o seu punto de vista os orzamentos para este anosó responden a unha política de endebedamento e non comprende coma o BNG os pode apoiar.

    O Bloque Nacionalista Galego confesou, ademais, que votaron a favor porque contemplan partidas para proxectos que queren que saían adiante.

    Pola súa banda, o alcalde deste municipio reiterou que se trata duns orzamentos restritivos e que o concello podería duplicar o endebedamento actual.

    Juan Manuel Rey sinalou, finalmente, que nos vindeiros días convocará unha xunta de voceiros para facelos partícipes das obras que se van executar no concello antes do remate da lexislatura.

    Redacción Salnés