A Deputación de Pontevedra recoñece ás mellores deportistas galegas do ano

    PONTEVEDRA> Os campioas olímpicas Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez foron dúas das galardoadas esta fin de semana na quinta Gala do Deporte Feminino Galego, que se celebrou no Salón de Pleno da Deputación de Pontevedra. Un acto que serviu un ano máis para reivindicar o papel da muller, no Deporte, pero tamén, na sociedade en xeral. As mulleres chegaron a este nivel para quedarse, así explicou a presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o papel que xoga o sexo feminino no mundo do Deporte. Fíxoo esta fin de semana na celebración da quinta Gala do Deporte Feminino que acolleu o Pazo Provincial. Na cita premiouse ás mellores galegas do ano 2016, nun acto que promove a asociación pola igualdade Mudegá, e que recoñeceu a labor entre outras de Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez, A campioa do mundo de vela e olímpica Tamara Echegoten, obtivo o premio á mellor deportista. E a viguesa Susana Rodríguez, diploma nos Xogos Paraolímpicos de Río, recolleu o premio á mellor deportista con diversidade funcional. Ademais a campioa de España de Alterofilia sub 15, Irene Blanco, obtivo o galardón á mellor promesa e a lanzadora de disco Ángeles Barreiro recibiu o de mellor traxectoria. Tamén se recoñeceu na gala a unha árbitra de taekwondo, a diversas entidades que colaboran co deporte feminino, a mulleres directivas de entidades deportivas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí