Carlos Álvarez: ‘Non imos ser folloneros pero tampouco submisos’

    carlosbesadacandidatura100_160407.jpgO GROVE > O BNG promete un goberno para todos e dialogante coas demais institucións co ánimo de sacar ó concello do retroceso …

    … no que leva desde hai 10 anos. Foi o principal compromiso anunciado polo alcaldable Carlos Álvarez Besada no acto de presentación da súa candidatura e das súas liñas programáticas.

    Un plano director da sociedade e información, solo empresarial, vivenda, turismo, educación, cultura, deporte e benestar social configuran as liñas mestras do programa do BNG no Grove. Foron adiantadas esta fin de semana polo candidato á alcaldía, Carlos Álvarez Besada, e polos seus compañeiros de lista.

    carlosbesadacandidatura200_160407.jpgÁlvarez Besada asegura que o 27 de maio ós grovense poderán elixir entre unha dereita rancia que contribuíu ó estancamento do Grove e un goberno que gobernará para todos e contando con todos. Afirmou que de acadar o goberno dialogarán coas demais administracións, ‘non folloneros, pero tampouco sumisos, e xa lle advertimos á Xunta que non imos esperar a que os 4 carrís cheguen ó Bao no segundo plan de infraestructuras’.

    Besada conta co editor e director de Edicións do Cumio, Antón Mascato, como número dous, séguenlle nesta candidatura Victoria Canoura; e María Lina Álvarez, actual concelleira; así ata un total de 17 persoas, máis tres suplentes. ‘O noso é un equipo de goberno, non un equipo só para gañar as eleccións’, indicou o candidato sobre a súa lista.

    Redacción Salnés