Pronóstico reservado para o mozo ferido nun accidente en Castrelo

    CAMBADOS > I.V.C., o xoven de 17 anos que sufriu un accidente de moto en Cambados continúa en estado reservado. O suceso tivo lugar na zona de Castrelo e o estado do mozo tralo impacto facía presaxiar o peor.

     

    Ó parecer, o mozo, veciño de Castrelo e que viaxaba sen casco, non puido esquivar o vehículo que ía diante, unha furgoneta cando ésta freou e embestiuna por detrás. O xoven piloto saiu despedido e bateu contra unha das portas traseiras da ford Transit tras romper o cristal. A forza do impacto obrigou ós médicos que acudiron no primeiro momento a solicita-la presenza do helicóptero do 112, que trasladou ó ferido ó Hospital Clínico de Santiago. O conductor da furgoneta con placas de matrícula 1949 CLL  resultou ileso e foi un dos primeiros en avisar ós servizos sanitarios e de seguridade que participaron no operativo. Como consecuencia do accidente, a Garda Civil tivo que cortar ó tráfico un carril de circulación, o que orixinó algunhas retencións. No operativo participaron varias unidades da Gardia Civil de Tráfico, efectivos de Protección Civil, Policía Local de Cambados, varias ambulancias do 061 e un helicóptero do 112, que foi o que trasladou ó mozo ó Clínico de Santiago.
    Redacción Salnés