Vilagarcía, Cambados, Vilanova e O Grove: así reaccionan os concellos ás novas restricións

O SALNÉS> A partir de mañá O Grove, Cambados, Vilanova e Vilagarcía veranse afectados polas novas restricións. As limitacións afectan á mobilidade, coa vila meca ‘illada’ e as outras tres compartindo perímetro, ou ás reunións, que quedan limitadas a conviventes.

Os alcaldes dos concellos afectados fan un chamamento ó estrito cumprimento das novas limitacións. O de Vilanova vai máis alá e mesmo pide ós veciños un ‘autoconfinamento’.

Para a alcaldesa de Cambados, por diante da economía está a saúde dos veciños. Con todo, Fátima Abal cre que estas limitacións axudarán a salva-la campaña de Nadal para o comercio e a hostalaría local.

Apoio tamén dende Vilagarcía ás novas restricións, avaladas -lembra Alberto Varela- por expertos. O tamén presidente da FEMAGP aproveita para pedir máis concienciación social.

Preguntado pola petición do alcalde do Grove de que se declare un confinamento total en toda España, o rexedor vilagarcián entende que esa decisión debera vir sustentada en criterior técnicos e non políticos.

Á espera desas novas medidas que entrarán en vigor mañá, o mapa do Salnés continúa tinguíndose de vermello. Hoxe súmase á lista de municipios con nivel 3 Sanxenxo, con 39 casos, 7 máis ca onte. Continúan nese nivel extremo O Grove, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí