David Castro di que o PP ‘non lle dá nada’ a Aspérez que non lle puidera ter dado antes o PSOE

VILANOVA>  O PP mantén a súa folla de ruta e conta con que o pleno da moción de censura na Mancomunidade do Salnés se celebre o día 23 deste mes. Iso si, á espera de que os socialistas movan ficha e esa sesión de acabe suspendendo de forma cautelar. Esta mañá, os populares volveron cargar contra a aínda presidenta comarcal. Aseguran que Marta Giráldez está xerando un clima de crispación que non ten cabida na política. Insisten en que a moción de censura vén motivada pola inestabilidade que, din, sofre a mancomunidade. Sobre o voto favorable de Aspérez, de Meaño Independente, o candidato popular á presidencia di que eles non lle ofreceron nada que non lle puidera ter ofrecido antes o PSOE.

Coa estación de tratamendo de auga potable de Treviscoso como escenario, o PP aproveitou hoxe para cargar contra a aínda presidenta de Mancomunidade do Salnés. O aspirante a sucedela no cargo di estar disgustado coas formas da socialista.

O alcalde de Ribadumia insiste en que a inestabilidade é o motivo que leva aos populares a impulsar esta moción de censura contra Marta Giráldez. Sobre as acusacións da alcaldesa meisina de “compra de vontades” para consegui-lo apoio de Aspérez de Meaño Independiente, David Castro responde:

Polo de agora sábese xa que Aspérez vai será o encargado de xestiona-lo turismo dentro do organismo comarcal. Sobre o outro apoio clave, o de Carlos Viéitez de Veciños de Meaño, onte Marta Giráldez recoñecía a súa sorpresa ante a insólita unión deste co alcalde de Vilanova para apoiar a Castro. Gonzalo Durán, gran defensor no seu día da expulsión do PP do alcalde de Meaño, hoxe marcaba distancias.

Os populares manteñen a súa folla de ruta, e conta con que o pleno da moción de censura na Mancomunidade do Salnés se celebre o día 23 deste mes. Iso si, á espera de que os socialistas movan ficha e esa sesión de acabe suspendendo de forma cautelar. Se iso non acontecese, o primeiro gran acto do novo equipo da Mancomunidade sería a súa presentación en Fitur, escasas horas despois de desbancar á Giráldez da presidencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí