A Deputación da Coruña mellorará varias rúas de Ribeira

    RIBEIRA > A Deputación Provincial da Coruña ten previsto investir máis de 720 mil euros na mellora do pavimento de varias rúas do casco urbano de Ribeira. A actuación enmárcarase no Plan de Infraestruturas Locais e afectará a un total de sete viais do municipio.

    As rúas que se van mellorar en Ribeira con cargo ó Plan de Infraestruturas Locais da Deputación Provincial da Coruña serán Mariño de Rivera, Otero Pedrayo, Nueve de Agosto e o entorno do concello, así como Miguel Rodríguez Bautista.

    En todas elas procederase á pavimentación con granito das beirarrúas mentres que a calzada será mellorada cunha mestura bituminosa en quente. Ademais na rúa Miguel Rodríguez Bautista tamén se verá mellorada a iluminación coa substitución das actuais farolas por outras de 250 watios.

    Con cargo a este plan da Deputación coruñesa tamén se realizará a pavimentación das rúas Frade e Escorial, aínda que a pavimentación neste caso levarase a cabo mediante a mestura de granito asilvestrado e rosa Porriño.

    As obras terán un custe superior ós 720 mil euros e con elas continúase a liña marcada polo actual executivo de ir mellorando o casco urbano da cidade, mediante actuacións que veñan a incidir na humanización das rúas, tratando de revitaliza-lo comercio local.

    Redacción Barbanza