As obras do centro de día retomaranse este verán

     POBRA> A vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a nova contratación das obras do centro de día da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/obrascentrodiapobra.flv{/flowplayer}
     
    Os traballos permanecían paralizados dende finais do pasado ano polos problemas económicos da anterior adxudicataria polo que foi precisa a resolución do contrato.
     
    Se a tramitación segue os prazos previstos, as obras para rematar o centro de día retomarase a principios de xullo. A actuación na que se acometerá o trinta por cento dos traballos restantes conta cun prazo de execución de catro meses e un orzamento de máis de 285 mil euros.
     
    Ademais do remate a econdicionamento do novo inmoble, procederase a adecuar o entorno cunha praza que conectará o novo centro de día coa residencia da terceira idade.
     
    Redacción Barbanza