BOIRO> Indignación e moita angustia a que viven os veciños de Cimadevila, en Boiro, en plena rúa Principal. O problema vén a raíz da ocupación ilegal de varias vivendas baleiras da zona. A última esta casa, propiedade de Manuel Maldonado, que se atopaba á venda. Aseguran que viven atemorizados debido ás continuas pelexas e ‘trapicheos’ que se producen. Temen pola súa seguridade e a dos seus. Na maioría dos casos trátase de xente maior. Moitos residentes xa optaron por abandonar a zona, convertida xa nun barrio degradado e marxinal. Reclámanlle ó Concello que se incrementen os controis e a vixilancia na zona.
Inicio BARBANZA