POBRA > A corporación municipal da Pobra do Caramiñal celebrou un pleno extraordinario para a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O marcado carácter polémico con que se desenvolveu esta sesión ven motivado pola urxencia na súa convocatoria, posto que os grupos da oposición consideran que non se respectou o tempo necesario para examina-la documentación en profundidade.
O voceiro popular, Ricardo Lago, xustificou a premura na convocatoria deste pleno extraordinario na necesidad ed e revisa-las normas urbanísitcas que rexen actualmente no concello, vixentes dende o ano 1984. Segundo o representante do PP, lévase traballando no proxecto do novo plano dende o 2002 pero as sucesivas modificacións da lei retrasaron a súa conclusión, así como a espera polos informes pertinentes e a resolución das alegacións.
Así mesmo, Lago argumentou a necesidade de aprobar este plano dentro do ano 2005 posto que as posibles modificacións da Lei do Solo de Galicia poderán ser perxudicias para o concello no caso de non ter modificado o plan.
A este respecto, a voceira nacionalista, Rosana Pérez, considera que esa argumentación de tipo legal non ten fundamento e atribúe a negativa a apraza-lo pleno á falla de vontade política do executivo que considera a aprobación do PXOM como un mero trámite.
Así mesmo, os nacionalistas amosaron a súa indignación polo feito de que soamente foran contestadas as alegacións estimadas e non todas as enmendas que se presentaron, o que calificaron de “clara discriminación”.
Entre as alegacións presentadas polo grupo do BNG figuraban a ampliación do cemiterio do Caramiñal ou a revisión da creación dunha vía de circunvalación.
Pola súa banda, o concelleiro socialista Antonio Moure insistiu tamén na falla de tempo para estuda-lo proxecto posto que o docuemnto final coas alegacións foi presentado o 28 de novembro, con só un mes de prazo para a súa revisión, antes da celebración do pleno.
No transcurso do pleno, os socialistas referíronse ós continuos paróns no traballo da Comisión de Seguimento, da que os representantes nacionalistas non quixeron formar parte polo seu desacordo co proxecto.
Segundo os membros do executivo, estas demoras foron motivadas polo retraso nos informes sectoriais de distintas entidades necesarios par a redacción final do plano.
Neste sentido, Ricardo Lago insisitiu en que a documentación estivo a disposición de tódolos grupos dende o 28 de novembro, data na que o equipo redactor presentou o documento definitivo.
Por outra banda, a voceira nacionalista quixo deixar clara as supostas irregularidades acontecidas no estudo das alegacións posto que houbo enmendas que nos se valoraron suficientemente e outras que foron desestimadas a pesar de atoparse dentro do marco legal, polo que ecidiron votar en contra do proxecto.
Pola súa parte, os socialistas decidiron absterse da votación ó non estar de acordo cos procedementos de traballo que levoua cabo o executivo.
Redacción Barbanza