POBRA> O candidato nacionalista reclama que se obrigue a este país do Pacífico a pagar aranceis e a ter que observar as regras de orixe, tal e como teñen que facelo as empresas galegas.
{flowplayer}barbanza/bngaranceispapua.flv{/flowplayer}
Na comparecencia ante os medios, previa ó encontro con representantes sindicais do sector da conserva do Barbanza, o cabeza de lista do BNG pola Coruña, chamou a atención sobre o problema do acordo da UE con Papúa-Nova Guinea que está a prexudicar ó sector da conserva, especialmente do atún, na que Galicia ten un peso importante.
Máxima prioridade
O candidato do BNG sinalou que este problema que afecta á nosa conserva foi obxecto de tratamento por parte do BNG no Congreso en numerosas ocasións, mediante a presentación de diversas iniciativas, que incluso conseguiu a aprobación dunha resolución no marco do debate de Política Xeral deste ano, no que instaba ó Goberno Central a demandar na UE que non se renovasen este tipo de acordos.
Barbanza
Pola súa banda a número dous do BNG nesta provincia, a pobresa Rosana Pérez, fixo referencia á importancia deste sector na comarca que dá emprego a miles de persoas, que coa supresión dos aranceis ós produtos deste país asiático poden ver en perigo o seu posto de traballo.
Redacción Barbanza