Boiro porá en marcha a terceira edición do obradoiro de emprego Torre Goiáns

BOIRO> O concello de Boiro porá en marcha a terceira edición do obradoiro Torre Goiáns. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de confirmar a concesión dunha axuda por importe de medio millón de euros para a posta en marcha dos módulos de xardinería e xestión forestal.

20 desempregados boirenses volverán beneficiarse do obradoiro de emprego Torre Goiáns que porá en marcha o concello a finais deste ano . A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade vén de confirmar a concesión dunha subvención por valor de máis de medio millón de euros que permitirá impartir os módulos de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Ademais de formar ós 20 alumnos que recibirán un certificado de capacitación profesional para facilitar o acceso ó mercado laboral, o obradoiro permitirá o acondicionamento de numerosas zonas verdes do municipio. Traballarase principalmente no parque da Cachada aínda que tamén se dará continuidade ás actuacións xa iniciadas en Neixón e na contorna de Goiáns.

O obradoiro terá unha duración de 12 meses durante os que os alumnos contará cun contrato de traballo a tempo completo de 40 horas semanais. Para participar é preciso estar inscrito como demandante na Oficina de Emprego.

Unha vez finalizada a preselección das curtas, previsiblemente a finais desta semana, a concellería de Cultura dará a coñecer o programa da Mostra que este ano conta cun logo deseñado polo artista noiés Xosé Luís Axeitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí