Falece unha moza de 24 anos ó chocar o seu turismo contra un camión

    cerponzons copia100.jpgPONTEVEDRA> O sinistro produciuse en Cerponzóns. O acompañante da falecida resultou ferido de gravidade, mentres que o condutor do camión, saíu ileso.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CERPONZONS.flv{/flowplayer}

    Foi neste lugar, no punto quilométrico 111 da Nacional 550, en Cerponzóns, en Pontevedra, onde se produciu o accidente. Ó redor das 6 da madrugada, un turismo, que segundo testemuñas saía dunha coñecida discoteca da zona, e un camión, que circulaba en sentido Pontevedra, chocaban frontalmente. A condutora do automóbil, unha moza de Bueu de 24 anos, falecía como consecuencia do impacto.

    Ata o lugar dos feitos desprazáronse os servizos de emerxencia do 061, a Garda Civil e bombeiros de Pontevedra, que tiveron que realizar manobras de excarcelación para retirar os ocupantes do turismo. O outro mozo que se atopaba no interior do automóbil, un home de 26 anos veciño de Bueu, resultou ferido de gravidade.

    Ó redor das 11 da mañá, a estrada aínda sufría importantes retencións no tráfico debido as tarefas de limpeza da calzada e de retirada do camión, que ó intentar esquivar o turismo saíra da estrada, levando consigo parte do gardarraíl. Con este accidente, péchase unha fin de semana negativa nas estradas pontevedresas, que rexistraron un total de 28 accidentes.

    Un ferido nun accidente en Sanxenxo

    E en Sanxenxo, unha saída de vía na PO-308 deixaba outro ferido, mais non de gravidade. Ó redor da unha do mediodía, un vehículo conducido por un home de aproximadamente 65 anos, chocaba contra un automóbil estacionado para despois colisionar ó outro lado da estrada cun poste de formigón. Debido ó impacto, o poste rompeu por completo e operarios municipais procederon ó seu amarre. Segundo varias testemuñas, o home tería perdido o control do vehículo tras sufrir un mareo.

    Redacción Salnés