PONTEVEDRA > Unha persoa morreu e outras dúas resultaron feridas ó caer ó río Lérez un coche que circulaba pola Avenida das Corbaceiras, en Pontevedra. O accidente ocorreu cando, por causas que se descoñecen, o coche subiuse a beirarrúa e foise ó río. Os seus ocupantes dirixíanse ó traballo.
O accidente ocorreu na Avenida das Corbaceiras de Pontevedra, ó lado da sede do Gremio de Mareantes. O turismo, un Citroën Xsara, saiuse da vía e circulou uns metros en liña recta sobre a beirarrúa ata caer ó río tras arranca-la vaia protectora. As causas do sinistro non se coñecen pero, segundo lle indicou unha testemuña á policía local, o coche non ía a moita velocidade. No accidente morreu un dos ocupantes, Ignacio N. de 55 anos, mentres que o seu irmán de 57 e un fillo de 31 eran rescatados con vida e trasladados ó Hospital Montecelo. Tralo levantamento do cadáver, o coche foi retirado do río e procedeuse a limpa-la estrada.
Redacción Salnés