BARBANZA> Hoxe iníciase a veda do polbo en Galicia.
Na lonxa ribeirense almacenábanse as caixas de cefalópodo á espera da última subhasta desta campaña. Prolongarase ata o vindeiro 3 de xullo.
Durante este tempo quedará prohibida a súa pesca, tanto para o sector profesional como tamén para a pesca recreativa.
Trátase dun período de descanso regulado pola consellería do Mar dende hai anos, avalado por informes técnicos, e acordado co propio sector, de cara a recuperación desta especie.
O paro chega despois dunha campaña bastante boa, cun lixeiro incremento das capturas respecto á anterior.
A cifra de polbo comercializado nas rulas das áreas de Barbanza e Muros-Noia ascendeu a unhas 600 mil toneladas.
A maior parte delas foron descargadas na lonxa de Ribeira, con preto das 400 mil toneladas.
Ó incremento das capturas houbo que engadirlle tamén a alza de prezos que experimentou esta especie. A media situouse nos dez euros o quilo.
Dende o sector confían en que o período de veda que se inicia hoxe axude a favorecer o crecemento da cría de cara a vindeira campaña.