CAMBADOS > A parroquia de Corvillón vive na intranquilidade. A razón é un grupo de rapaces que rouban nos vehículos da zona. Segundo os veciños da zona non lles interesa nin as radios nin os coches aínda que os danos son numerosos. Despois de denuncialo ante a Garda Civil.
Fai uns días que os veciños de Corvillón non dormen tranquilos, un grupo de rapaces leva xerando a desconfianza durante tres días seguidos ó roubar nos vehículos. Os danos son múltiples, o modus- operandi consiste na rotura de cristais para poder acceder ós vehículos, unha vez dentro non levan máis que moedas.
Son varios os coches afectados, incluso chegaron a entrar nunha vivenda na que non vive ninguén. Alí cebáronse cunha cociña. Os veciños da zona “río Ucha” de Corvillón, denunciaron a situación a Garda Civil aínda que os roubos continuaron ante a impotencia dos cidadáns.
Redacción Salnés