O ano remata coa localización dunha nova planadora de transporte de drogas

    VILANOVA > Despois de que  o subdelegado do goberno, anunciara os avances das tres operacións contra a droga levadas a cabo nos últimos días, o ano finalizaba coa intervención da embarcación “HJI”, unha planadora “Zodiac” preparada para transportar droga. A operación desenvolvida entre Vilanova e a Illa de Arousa rematou sen detidos.

    A zodiac  intervida permanece amarrada nas instalacións de Aduanas en Vilagarcía de Arousa.Con  catorce metros de eslora e tres motores de 300 cabalos, esta embarcación conta con maior autonomía e maior capacidade de transporte xa que permite internarse en zonas de pouco calado para facer máis fácil o transporte de drogas. Varias persoas ultimaban os detalles na lanzadeira para poñela en marcha cando o servicio de vixilancia aduaneira os sorprendía. Neses intres os encargados da preparación do alixo dábanse a fuga sen poder ser detidos. Aínda que esta pequena embarcación era só un eslavón na cadea do narcotráfico xa que  varios helicópteros peitaron a ría de Arousa durante toda a fin de semana  para atopar o buque do que se abastecían   as lanchas. A de Vilanova é a segunda embarcación que é intervida na comarca nos últimos días. A principios da pasada semana a Garda Civil detectou unha planadora de gran potencia preparada para realizar un transporte de drogas. O barco atopábase na desembocadura do Umia na parroquia de Castrelo. Como puidemos comprobar as operacións Gaviota, Aldara e Murias, das que nos informaba o subdelegado do Goberno, a finais da pasada semana,  están aínda en proceso de investigación polo que non se descartan novas detencións. 

    Redacción Salnés