O pleno de Pontecesures aproba por unanimidade os PERI Nº 1 e o P.02

    PONTECESURES > Pontecesures despediu o ano cun pleno no que destacou a aprobación do sistema de actuación PERI Nº 1 e polígono P.02. Todos os grupos políticos estiveron de acordo en que no primeiro caso, un terreo de máis de oito mil metros cadrados, se proceda a súa urbanización mediante un sistema de compensación. No caso do polígono o sistema aprobado é o de concerto.

    O PERI Nº1 é unha finca de máis de oito mil metros cadrados situada entre a igrexa e a rúa Ullán. Segundo o plan xeral de ordenamento municipal esta zona está cualificada para a súa urbanización. Para desenvolver esta actuación debíase decidir que sistema utilizar. As posibilidades era por licencia directa, expropiación ou compensación. Este último foi o que se propuxo a votación. No caso do polígono, o P.02, unha finca de máis de sete mil metros cadrados o grupo de goberno decidiu levar ó pleno o sistema de concerto.

     

    Despois de expoñer as posibilidades existentes os grupos da oposición non puxeron ningunha obxección. O concelleiro de obras e voceiro de ACP subliñou a súa satisfacción ó resolver estes PERIS e propuxo os demais grupos da oposición valorar as posibilidades de construcción de cada un deles.  

     

    Finalmente o sistema de compensación no caso do PERI número un e o sistema de concerto no polígono P.02 foron aprobados por unanimidade.

    Redacción Salnés